Carta de servizos a entidades


Para xestionar ben unha empresa o máis importante é estar ben informado. Saber, coñecer, ver, crer, impulsar, probar, innovar, querer, facer, construír... Por todo iso, a Deputación de Lugo ofrece ao tecido empresarial da provincia un asesoramento, particular, directo, áxil e construtivo para que poidan impulsar e desenrolar os seus proxectos.

O asesoramento poderase realizar de xeito presencial, no Pazo de San Marcos, telematicamente a través de email (cartaservizos.benempregado@deputacionlugo.org) ou nos teléfonos 982-260-227 / 982-260-085.

A Carta de servizos que se ofrece ao tecido empresarial é o seguinte:

1°.- Información sobre axudas e subvencións.
2°.- Creación de Boletíns informativos.
3°.- Asesoramento legal, por exemplo sobre a Lei de Protección de Datos ou a Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio. Ademais, tamén se afondará en aspectos como, por exemplo, os estatutos dos traballadores e convenios, entre outros.
4°.- Asesoramento en TIC’s, importancia de introducir as novas tecnoloxías nos modelos de negocio actuais.
5°.- Promoción e impulso do networking interno e externo, así como a importancia da publicidade das empresas.
6°.- Aforro enerxético e a racionalización do gasto.
7°.- Contacto directo cos diferentes departamentos da Deputación. (teléfonos 982-260-227 / 982-260-085).

Arquivos descargables

   Carta de servizos a entidades.pdf
   SERVIZO DE ASESORAMENTO A ENTIDADES.pdf
   SERVIZO DE INFORMACION AS ENTIDADES.pdf
   SERVIZO DE PROMOCION AS ENTIDADES.pdf