RECOLLIDA DE PERFILES LABORAIS OU PROFESIONAIS PARA ELABORACIÓN DE BASE DE DATOS  DENTRO DA LIÑA DE AXUDA QUE CONTEMPLARÁ A CONTRATACIÓN DE PERSOAS PERTENCENTES A COLECTIVOS DE DIFICIL INCLUSIÓN LABORAL POR PARTE DO TECIDO EMPRESARIAL DA PROVINCIA DE LUGO


A Deputación de Lugo ten programado, a curto prazo, desenvolver un novo programa de emprego que atenda de xeito específico a colectivos con dificultades de inserción laboral. 

Dentro do amplo espectro de situacións persoais que inclúen este tipo de colectivos, este programa destinarase a aquelas persoas desempregadas da provincia de Lugo que pertenzan a colectivos de especial vulnerabilidade laboral como: etnia xitana,  sexan ex-reclusos, ex- drogodependentes, vítimas de violencia de xénero, ou aquelas que posúan algunha característica sensorial, psicolóxica, física que lles dificulte o acceso ao mercado laboral, etc.

En prol de acadar a través deste programa a maior empregabilidade posible, e co fin de conxugar a oferta coa demanda real da provincia, ábrese o prazo para recoller os perfiles laborais ou profesionais das persoas pertencentes a estes colectivos. Todos eles incorporaranse a unha base de datos que permitirá ao tecido empresarial coñecer inicialmente os recursos humanos dispoñibles.

Prazo de recollida: 11 ao 20 de setembro do 2017 (ambos incluídos).


Declara pertencer a un colectivo de difícil inclusión laboral así como de posuír documentación acreditativa desta situación.
En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, autorizo que os datos persoais que proporcione sexan tratados pola Deputación de Lugo coa única finalidade de tramitar a solicitude. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito á Deputación Provincial de Lugo, calle San Marcos 8, 27001 Lugo.